O mago: a "Bailarina" de Botero

Imos modelar a "Bailarina" de Botero





                            Fotografía de marlboroughgallery.com




O mago: os pulmóns


Así respiramos




Material: cartolinas, debuxo dos pulmóns, palliñas, bolsas de conxelar e ceras.




O mago: facemos bolboretas

Comezamos unha nova etapa de "O mago".

Neste caso imos colaborar para crear bolboretas. Entre todos temos que facer maxia para conseguir que voen.




Carritus selo AulasInn do mes de marzo

Estamos de noraboa!!!!

O noso Proxecto Carritus, vén de ser recoñecido co Selo Aulas Innovadoras do mes de marzo, que outorga a Asociación Espiral.

O xurado valorou que Carritus é un proxecto integrado dentro da aula, que fomenta a lectoescritura, emprega as ferramentas 2.0, promove a concienciación e inculcación aos máis pequenos da importancia dunha dieta sana e equilibrada...

Este recoñecemento anímanos a seguir traballando na mesma liña, fomentando o uso das TICs na educación.

Grazas!!!




Proxecto O mago: O ciclo da auga


Traballamos "O ciclo da auga" coa App Flip Boom, seguindo os pasos que se indican a continuación.





PROCESO





RESULTADO



Para descargar a App premer na imaxe



Senticolor

Senticolor é un proxecto que estamos a levar a cabo no noso colexio con diferentes obxectivos:
  • Coñecer, experimentar e analizar as posibilidades dos dispositivos móbiles como instrumentos de creación de contidos, de comunicación e de colaboración entre o alumando e profesorado.
  • Investigar e poñer en práctica metodoloxías de introdución das TICs nas aulas.
  • Descubrir e catalogar App para o traballo da lectoescritura.
  • Empregar as App e os dispositivos móbiles como ferramenta para a lectoescritura: creación dun conto dixital.
  • Fomentar o traballo colaborativo.
  • Elaborar dun protocolo de uso dos dispositivos móbiles na aula/centro.

A primeira fase do proxecto xa está en marcha. Nos vindeiros días, comezaremos co proceso de ilustración do conto para crear a publicación e deseñar as actividades para poder traballar con el.

No seguinte enlace poderedes consultar as App que xa está catalogadas. Atoparedes as que estamos a traballar na aula, e algunhas que aínda nos quedan por experimentar.



Obradoiro Entroido



Dende o Equipo de actividades do cole organizaron un obradoiro sobre bonecas do Entroido.

PROCESO




Untitled Video

                                                 RESULTADO


Bonecas Entroido I


Bonecas Entroido II

Proxecto O meu libro fala: Soños de andel

Comezamos un novo proxecto, O meu libro fala.

Estes días, estivemos practicando na casa a lectura de Soños de andel.

Coa aplicación SoundCloud gravamos a lectura de cada unhas das páxinas.




Agora, coa aplicación QR Droid, crearemos os códigos QR para así poder ter o noso propio audiolibro de Soños de andel.

É unha actividade moi interesante, porque, ademais de practicar a lectura, tamén nos podemos escoitar a nós mesmos e darnos conta de se o facemos ben, ou se, pola contra, temos que corrixir algún aspecto do noso xeito de ler.





Para descargar as App, premer nas imaxes





O mago: os sentimentos



Para descargar a App de PicsArt, preme na imaxe


GRUPO 1: SUPER CONTENTA


GRUPO 2: DECEPCIONADA


GRUPO 3: CONTENTO


GRUPO 4: TRISTE



GRUPO 5: CANSADO


GRUPO 6: FELIZ


GRUPO 7: ENAMORADO



O mago: traballo colaborativo


Así organizamos a nosa aula e o traballo diario.


Fotografía de Sergio Palau,  Licencia BY-NC-SA
Debuxos de Paula Turrado.




Realidade aumentada

A aplicación ColarMix permítenos darlle vida aos nosos debuxos.

Primeiro coloreamos as fichas que podemos descargar dende a súa páxina web e despois coa App deixamos que as nosas creacións saían do papel!!!!







Para descargar a app



Páxina web