Senticolor

Senticolor é un proxecto que estamos a levar a cabo no noso colexio con diferentes obxectivos:
  • Coñecer, experimentar e analizar as posibilidades dos dispositivos móbiles como instrumentos de creación de contidos, de comunicación e de colaboración entre o alumando e profesorado.
  • Investigar e poñer en práctica metodoloxías de introdución das TICs nas aulas.
  • Descubrir e catalogar App para o traballo da lectoescritura.
  • Empregar as App e os dispositivos móbiles como ferramenta para a lectoescritura: creación dun conto dixital.
  • Fomentar o traballo colaborativo.
  • Elaborar dun protocolo de uso dos dispositivos móbiles na aula/centro.

A primeira fase do proxecto xa está en marcha. Nos vindeiros días, comezaremos co proceso de ilustración do conto para crear a publicación e deseñar as actividades para poder traballar con el.

No seguinte enlace poderedes consultar as App que xa está catalogadas. Atoparedes as que estamos a traballar na aula, e algunhas que aínda nos quedan por experimentar.



No hay comentarios: